Axudas, subvencións e bolsas : Axudas recibidas polos concellos para melloras en equipamentos de actividades culturais

Axudas recibidas polos concellos para melloras en equipamentos de actividades culturais

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe a Resolución do 16 de setembro de 2014 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia  número 101, do 28 de maio), pola que establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia, e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais.

Estas subvencións están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Nesta resolución publícanse as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao cal se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Estado de tramite: Resolto

Comparte