Axudas, subvencións e bolsas : Axudas á promoción, comercialización e exhibición do produto audiovisual galego

Axudas á promoción, comercialización e exhibición do produto audiovisual galego
A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) publicou o 25 de setembro de 2014 no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 18 de setembro de 2014 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións para a promoción, comercialización e exhibición do produto audiovisual galego e se convocan para o ano 2014.
No entanto, o 6 de outubro de 2014 publica unha corrección de erros. Consultade todas as modificacións
Estado de tramite: Resolto