Axudas, subvencións e bolsas : Listado provisional

Listado provisional

Bolsas de formación en materia de arquivos 2018

Con data 5 de xuño de 2018 publícase no Portal de Arquivos (http://arquivosdegalicia.xunta.gal/portal/arquivos-de-galicia/index.html)  a proposta provisional de adxudicatarios das bolsas de formación en materia de arquivos (Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2018. (DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2018)

Segundo o artigo 10.3 da orde de convocatoria, procédese á publicación da proposta provisional de adxudicatarios no Portal de Arquivos de Galicia. O prazo de exposición pública será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, durante os cales se poderán facer as alegacións pertinentes.

Estado de tramite: En trámite

Documentos relacionados

Comparte