Axudas, subvencións e bolsas : Bases para a concesión de subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia
Bases para a concesión de subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa primeira convocatoria para os anos 2018-2019, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Estado de tramite: En trámite