Axudas, subvencións e bolsas : Axudas para mellorar as coleccións das bibliotecas públicas municipais

Axudas para mellorar as coleccións das bibliotecas públicas municipais

Corrección de erros, publicada no DOG o 17 de outubro de 2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a corrección de erros da Orde do 23 de setembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual a concellos de Galicia para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas ou axencias de lectura públicas municipais integradas na Rede de bibliotecas de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de xaneiro de 2014 ata o 15 de abril de 2015.

Os concellos que desexen acollerse a esta orde deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase  prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. A solicitude irá dirixida á Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación 
e Ordenación Universitaria. 

Estado de tramite: Resolto

Comparte