Axudas, subvencións e bolsas : Axudas para impulsar o audiovisual galego na fase de desenvolvemento de proxectos
Axudas para impulsar o audiovisual galego na fase de desenvolvemento de proxectos
Prazo ata o 29 de xuño
A Xunta publicou o xoves 28 de maio no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatorias de axudas para impulsar o audiovisual galego na fase de desenvolvemento de proxectos dotadas con 260.000 euros para apoiar economicamente as empresas galegas do sector desde o proceso previo á produción e rodaxe nas seguintes modalidades: longametraxes, series e miniseries de ficción; longas cinematográficas e series de animación; documentais para ambos medios, e proxectos piloto de programas televisivos con formatos innovadores e alto potencial de internacionalización.
A convocatoria, para a que o prazo de solicitude se manterá aberto ata o vindeiro 29 de xuño, establece que cada empresa solicitante pode resultar beneficiaria nun máximo de dúas propostas e que a axuda poderá cubrir ata un 75% do orzamento subvencionable sobre o total de cada unha. O obxectivo final é facilitar que as produtoras poidan asumir o proceso de desenvolvemento de varios proxectos de xeito simultáneo nunhas condicións óptimas e cunha gran calidade.
Xa cara á súa posterior rodaxe, posprodución e exhibición, nos anos seguintes estes mesmos títulos poden optar ás subvencións autonómicas para producións e coproducións audiovisuais e para a súa difusión en mercados e mostras, ademais de a outros fondos estatais e europeos.
Estado de tramite: En trámite