Axudas, subvencións e bolsas : Listaxe das obras beneficiadas polas axudas para o libro galego

Listaxe das obras beneficiadas polas axudas para o libro galego

Recibiran axudas para ser traducidas do galego e para o galego

Diario Oficial de Galicia publicou o 18 de agosto a listaxe de beneficiarios das axudas para o libro galego, que convocou a Xunta de Galicia, cun investimento total de 200.000 euros.

Os beneficiarios das axudas son aquelas editorias que contan con obras publicadas orixinariamente en galego e que terán una partida economómica para ser traducidas noutras linguas. E, do mesmo xeito, as obras publicadas orixinalmente noutras linguas reciben axudas para ser traducidas ao galego. Todas elas reciben as achegas para o cambio de idioma e para a edición. Unha resolución de acordo coa convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia número 27, do 10 de febreiro de 2020.

As coantías das axudas van desde os 700 aos máis de 4.000 euros en función das características da obra. As traduccións van do galego a outras linguas, e do portugués, francés, inglés, alemán, casterlán e italiano ao galego.

Estado de tramite: Resolto

Comparte