Axudas, subvencións e bolsas : Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021

Dotado con 3M?

Nesta nova convocatoria, como novidade, incrementarase en 500.000€ o orzamento asignado, chegando así a unha dotación total de 3M€. Ademais, tamén se incrementa a axuda que poden conseguir os beneficiarios, pasando de 10.000€ a 15.000€ no caso de empresas, cooperativas, autónomos con persoal contratado ou entidade sen ánimo de lucro con persoal contratado, e de 4.000€ a 6.000€ no caso dos autónomos sen empregados e empresas unipersoais. Outra das novidades deste ano é a diminución nos prazos de presentación co obxectivo de ofrecer un apoio inmediato ao sector e inxectar liquidez nas empresas o antes posible.

Proxectos presenciais, virtuais e materiais
Tal e como ocorreu na primeira edición, poderán acceder a esta convocatoria todas as ramas do sector cultural con proxectos presenciais, virtuais, materiais ou unha combinación de varias opcións que se vaian realizar antes do 15 de decembro de 2021. Todo isto coa finalidade de favorecer a adquisición de creacións dixitais orixinais e inéditas, a realización de espectáculos, representacións teatrais e actividades de pequeno formato e a compra de materiais de diferente índole.

Na súa primeira edición, o repositorio de contidos creativos de interese cultural en galego apoiou máis de 350 iniciativas de empresas e profesionais do sector. Trátase dunha medida que se puxo en marcha ao abeiro do Plan de reactivación cultural que desde o inicio da pandemia promoveu a posta en marcha de 4.500 iniciativas e que o Goberno galego vén de ampliar cunha nova inxección de 23M€ nestes primeiros meses que repercuten nos sectores audiovisual, escénico e musical, así como no do libro, museos, equipamentos culturais e promoción, entre outros.

Estado de tramite: En trámite

Comparte