Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

Subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o 03 de agosto de 2021 a orde pola que se establecen as bases para apoiar ás galerías de arte na súa participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade galega. Trátase dunha medida que se enmarca no Plan de reactivación para o sector cultural posto en marcha pola Xunta de Galicia e que este ano conta cunha achega de 50.000€ para colaborar cos profesionais que estean interesados a participar ao longo deste ano en este tipo de eventos.

Así, por terceiro ano consecutivo, o Goberno galego convoca unha liña de subvencións específica para este tipo de proxección, o que amosa por unha banda o apoio a arte contemporánea a través do traballo das galerías de arte, e pola outra, o compromiso coa internacionalización da proxección exterior da cultura galega. Deste xeito, tal e como recolle o DOG, no caso de que a asistencia sexa a feiras celebradas en España, pero fóra de Galicia, os beneficiarios recibirán un máximo de 2.000 euros, mentres que a axuda será de 4.000€ se se trata de eventos internacionais.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir de mañá e poderán ser beneficiarias da subvención as persoas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais de carácter privado, titulares de galerías de arte, que desenvolvan as súas actividades no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan asistido e participado nunha feira ou mercado de arte fóra da Comunidade entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro.

Estado de tramite: En trámite

Comparte