Axudas, subvencións e bolsas : Axudas para o financiamento de intervencións arqueolóxicas en 2015
Axudas para o financiamento de intervencións arqueolóxicas en 2015
Cunha dotación de 50.000 euros, a orde está dirixida a actuacións promovidas por particulares
Orde do 23 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.
Dotadas cunha contía de 50.000 euros, as axudas están destinadas aos promotores particulares, ben sexan persoas físicas ou xurídicas, que realicen obras que afecten a un conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, sempre que a Consellería de Cultura e Educación ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar as ditas intervencións; así como os controis arqueolóxicos debidamente autorizados pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.
As solicitudes poden presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, ou ben en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros públicos legalmente establecidos.
Estado de tramite: Resolto