Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións de 2015 á produción escénica
Subvencións de 2015 á produción escénica
A Axencia Galega das Industrias Culturais publica no Diario Oficial de Galicia as bases da convocatoria de 2015, dotada con 600.000 euros para espectáculos de compañías profesionais galegas que se estreen entre o 1 de abril deste ano e o 31 de marzo de 2016.
Esta é quinta convocatoria publicada do total de nove que a Axencia ten previsto poñer en marcha dentro do seu programa anual de axudas ás industrias culturais.
As propostas poderán presentase a partir do 5 de marzo e ata o sábado 4 de abril por calquera dos medios que se recollen nas bases, onde se especifica como vía preferible a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).
Estado de tramite: Resolto