O catálogo de ‘Libros infantís e xuvenís de Galicia 2017’ reúne un total de 109 títulos en galego publicados no último ano por 23 entidades para os lectores máis novos. A obra, coeditada pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e pola Secretaría Xeral de Cultura, co apoio da Asociación Galega de Editoras (AGE), ten como obxectivo dar a coñecer no mercado internacional as últimas novidades editoriais galegas dirixidas ao público infantil e xuvenil, para o que ofrece información en galego, castelán e inglés de cada obra, que se acompaña con ilustracións.