O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre é un ambicioso equipamento cultural creado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia coa finalidade de xerar un modelo integrado de xestión que satisfaga o necesario equilibrio entre conservación, investigación e difusión dos petróglifos de Galicia.
Nese sentido, o parque arqueolóxico é unha infraestrutura cultural para o ocio intelixente, un espazo no que aprender de maneira lúdica e participativa. É o lugar ideal para coñecer os petróglifos de Galicia -un dos máis destacados conxuntos de arte rupestre ao aire libre do continente europeo-, descubrir o significado destas misteriosas figuras e aproximarnos, de xeito rigoroso e didáctico, á vida cotiá dos nosos antepasados. Pero o parque tamén cumpre funcións para a investigación e a produción de coñecemento experto sobre os petróglifos de Galicia.
Dentro do parque intégrase o Centro de Interpretación de Campo Lameiro.