Bicos con lingua
Avelino Gonzélez
Toño Casais e Artur Trillo
Bicos con lingua é un espectáculo que nace, segundo explica a compañía Talía Teatro, dun forte sentimento de amor cara o noso idioma.Non se trata en ningún momento dun exercicio de victimismo, senón de afondar nun problema real e, certamente preocupante. A montaxe quere supoñer para o espectador unha experiencia de redescubrimento dunha lingua que existe e que medra na súa inmensa riqueza a pesares dos usos e abusos aos que está sometida a cotío.