Dinamización: DÍA DA ILUSTRACIÓN 2025
DÍA DA ILUSTRACIÓN 2025
A Xunta de Galicia conmemora o Día da Ilustración 2025 cun amplo de abano de actividades nas bibliotecas de xestión autonómica sobre o legado de Xosé Vizoso, artista que se homenaxea este ano.
Trátase dunha programación que estará presente nas bibliotecas xestionadas pola Xunta de Galicia e en escolas de arte e na que destaca a mostra bibliográfica "Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo " na Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura. Estará dispoñible do 30 de xaneiro ao 12 de maio. A programación está composta por unha exposición, un vídeo, obradoiros, sesións de narración oral ou mostras bibliográficas sobre a traxectoria deste artista natural de Mondoñedo.
Con esta serie de iniciativas, a Xunta de Galicia quere render unha homenaxe a Xosé Vizoso, un artista gráfico que, alén dunha ampla traxectoria como deseñador e ceramista, ten tamén unha importante produción como cartelista, muralista e ilustrador de libros. O recoñecemento ao autor de Mondoñedo é o primeiro que se fai en vida, xa que en anteriores edicións a efeméride centrouse en reivindicar a referentes históricos e pioneiros nesta disciplina.
Ligazóns
Novas relacionadas
30/01/2025
López Campos salienta que esta é a primeira ocasión no que se lle dedica a un autor en activo e reivindica a importancia de apoiar os artistas galegos contemporáneos
23/01/2025
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a programación que contará cunha exposición, un vídeo, obradoiros, sesións de narración oral ou mostras bibliográficas, entre outros
23/11/2024
A Xunta de Galicia colabora un ano máis coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, felicita persoalmente ao autor nunha visita ao seu estudo
18/01/2024
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presenta a programación xunto coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración
10/07/2023
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, reúnese coa presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración, Laura Romero, para planificar a efeméride
30/01/2023
A exposición María Antonia Dans, a maxia da cor é a proposta central do Goberno galego para conmemorar a efeméride que se celebra hoxe
25/01/2023
Os actos deste ano renden homenaxe á pintora galega, un dos nomes máis destacados da ilustración na nosa Comunidade
09/11/2022
A decisión consensuouse nun encontro mantido entre o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, con representantes da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración e das escolas de Arte e Superior de Deseño
18/08/2022
A actuación levarase a cabo ao abeiro dun convenio asinado hoxe polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades e o alcalde de Curtis