Dinamización: TEDES UN PROXECTO CULTURAL?

TEDES UN PROXECTO CULTURAL?

En xuño, taller informativo sobre novas opcións de financiamento europeo

Estades a artellar un proxecto cultural, creativo e cos/para os cidadáns? Hai programas da Unión Europea que poden contribuír a financialo para a súa posta en marcha. Toda a información, no taller que se celebrará o vindeiro 19 de xuño no Museo de Belas Artes da Coruña.

 

Ler máis

Este Taller de Proxectos Europeos será unha oportunidade para resolver dúbidas específicas sobre o proceso de presentación de proxectos ás convocatorias dos programas de financiamento Europa Creativa e Europa cos Cidadáns, que se abrirán no segundo semestre de 2015.

A inscrición é de balde e está dirixido a todos os perfís do sector cultural, tanto empresas, como organismos e entidades públicas e privadas, administracións, fundacións, asociacións, empresas, ONG, consultoras e produtoras.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 17 de xuño de 2015 e o número de prazas é de 150, por orde de inscrición.

Descarga o programa deste obradoiro informativo.

É unha iniciativa da Oficina de Europa Creativa - Cultura e o Punto Europeo de Cidadanía, en colaboración coa oficina de Europe Direct da Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

 

Comparte