Dinamización: UN LABORATORIO NA BIBLIOTECA
![](/sites/default/files/menu_icons_sxcultura/menu_icon_2985.png)
UN LABORATORIO NA BIBLIOTECA
En novembro, descubre a ciencia entre andeis
A que non sabes que podes extraer o ADN dunha froita cun pouco sal ou unhas pingas de zume? Proba con nós. En novembro, as bibliotecas públicas convídannos a experimentar e descubrir a ciencia, cunha morea de actividades, infantís e para adultos, coas que gozarmos o Mes da Ciencia en Galego.
Entre os andeis das bibliotecas atoparemos microscopios ou lupas binoculares para pasmar cos animais e vexetais que se agochan nunha minúscula pinga de auga.
Tamén haberá contacontos, exposicións, proxeccións e conferencias como a de Ramón Cid Manzano ou a do prestixioso Ángel Carracedo. Actividades coas que recoñecer que o que parece maxia é, en realidade, ciencia ou para descubrir que a vosa verdadeira vocacións é ser científica ou que sempre o fostes!
Accións todas para animarvos a ler, vivir e experimentar a ciencia na biblioteca, e en galego. Tédelas na nosa Axenda.