Dinamización: ESCENAS DO CAMBIO 2017

ESCENAS DO CAMBIO 2017

Volve o festival máis vangardista do inverno

Teatro, danza e arte en acción explorando os límites e rachando cos convencionalismos. Non é pouco o que nos ofrece do 28 de xaneiro ao 15 de febreiro un dos festivais de inverno máis vangardista de Galicia con vocación internacional: Escenas do Cambio  

 

Ler máis

Nesta terceira edición, o festival esténdese máis alá da Cidade da Cultura de Galicia, con representacións en diferentes espazos culturais, teatros e salas de cine de Santiago de Compostela. Ademais, compañías galegas, como Chévere, iLMaquinario e Matarile Teatro  ocupan un lugar protagonista xunto a grandes nomes da escena internacional como Federico León ou Mariano Pensotti; e artistas da altura de Rodrigo García ou Takao Kawaguchi.

O que non muda é a vocación internacional, a irreverencia e a provocación que sempre acompaña a programación dun festival que convida ante todo á reflexión, á participación e á involucración do público: historias que transcorren nunha estación de tren, nenos que se converten en expertos, proxectos artísticos sobre unha mesa de ping-pong ou un roteiro emocional por Compostela.

Todo o programa de Escenas do Cambio, na Axenda de Cultura de Galicia

 

Comparte