Dinamización: LETRAS GALEGAS' 17
LETRAS GALEGAS' 17
O maio máis Casares de todos os maios
Na semana das #LetrasGalegas concéntranse as actividades ao redor do día grande do 17 de maio cunha variada programación ao redor da vida e obra do homenaxeado este ano, Carlos Casares.
Concertos, obradoiros, andainas, exposicións, traducións ao inglés da súa obra, espectáculos teatrais e incluso de maxia que levan a pegada dos seus relatos, dos seus personaxes e tamén da súa figura polifacética: académico, xornalista, novelista e ensaísta, cun talento como narrador que se estendeu a todas as facetas da súa vida.
A variedade da súa creatividade literaria -conseguiu éxitos entre cativos e adultos- tamén se reflicte na programación para todos os públicos coa que este mes de maio as institucións e a sociedade galega lle están a render homenaxe. Tedes todas as actividades ao redor das nosas Letras e de Casares na nosa Axenda: http://www.cultura.gal/gl/ciclo/649
Ollade, participade e sobre todo, festexade!