Dinamización: FEIRAS DO LIBRO DE GALICIA 2018
FEIRAS DO LIBRO DE GALICIA 2018
Unha cita co libro galego
Como o bo tempo e os días máis longos, as Feiras do Libro de Galicia chegan coa primavera e duran todo o verán. E como acontece tamén cos días longos e o bo tempo, son unha cita anual que os galegos e as galegas están máis que dispostos a aproveitar.
As feiras do libro son un encontro en varias localidades da comunidade co libro galego. En 2018, o programa chegará a un total de 16 localidades das catro provincias.
As feiras arrancarán o próximo 16 de marzo na praza da Merced en Verín e rematarán o 25 de agosto na rúa do Cardeal de Monforte de Lemos. Entre tanto pasarán por Ferrol, Santiago de Compostela, O Porriño, Lugo, Ourense, Redondela, Ribeira, Vigo, Sanxenxo, Rianxo, Ponteareas, A Coruña, Viveiro e Foz.
Todas estas localidades contarán con cadansúa programación de actividades para todos os públicos. Charlas, presentacións de libros e encontros con autoras e autores completaranse con actividades específicas para o público infantil.