Dinamización: PASEO VIRTUAL POLAS BIBLIOTECAS

PASEO VIRTUAL POLAS BIBLIOTECAS

Nova aplicación en liña para estar máis preto dos libros e da lectura

As bibliotecas públicas de Galicia están cada vez máis preto dos seus usuarios e usuarias grazas á posibilidades que ofrecen a rede e os recursos en liña. Aplicacións como as visitas virtuais que acaban de poñer en marcha as bibliotecas públicas das cidades galegas xestionadas pola Consellería de Cultura e Educación.

Desde calquera dispositivo con conexión a internet poderás percorrer as instalacións das bibliotecas, en todas as direccións en 360º, así como visitar algunhas das súas exposicións. 

Ler máis

Fai clic aquí e descubre esta nova forma cómoda e interactiva de coñecer os espazos bibliotecarios da Biblioteca de Galicia, das bibliotecas públicas de Ourense e de Lugo, da Biblioteca Pública Juan Compañel de Vigo, da Ánxel Casal de Santiago de Compostela, da Antonio Odriozola de Pontevedra e da Miguel González Garcés da Coruña.

Comparte