Dinamización: PERCORRER O TEMPO

PERCORRER O TEMPO

Exposición itinerante sobre visións contemporáneas do Camiño de Santiago

"Percorrer o tempo. Visións contemporáneas do Camiño" presenta unha visión poliédrica e actual do Camiño de Santiago a través da mirada de dez artistas que empregan a fotografía como medio.

Enmarcada na colaboración da Fundación "la Caixa" co Xacobeo 21-22 e comisariada por Nicolás Combarro, a exposición nace como unha iniciativa itinerante que vai percorrer a xeografía galega entre setembro de 2021 e xullo de 2022.

Ler máis

Neste período estará en espazos exteriores das cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago de Compostela, onde, ademais da parte expositiva, se desenvolverán actividades complementarias cos/coas artistas.

Comparte