Dinamización: SOMOS ROSALÍA!

SOMOS ROSALÍA!

Obradoiros, recitais, contacontos e exposicións para celebrar o aniversario do seu nacemento

O 24 de febreiro todas e todos somos Rosalía! Institucións, colexios, concellos, asociacións culturais... celebran nesta data o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. As bibliotecas públicas tamén se suman a esta homenaxe colectiva da sociedade á escritora máis universal das letras galegas con lecturas dos seus poemas, obradoiros, contacontos, recitais e exposicións ao longo de toda esta semana.

 

Ler máis

Entre as actividades conmemorativas, as bibliotecas tirarán proveito estes días da faciana creativa e artística dos máis pequenos e pequenas coa elaboración de broches, alfinetes e incluso un mural coa imaxe desta figura senlleira da literatura galega. Amosando, deste xeito, que a escritora continúa a ser un referente e fonte de inspiración, tanto para unha sesión de contos como para unha actuación de música coral de cámara. Consultade na Axenda de Cultura todas as actividades partilladas ao longo desta semana e animádevos a participar!

Comparte