Dinamización: FEIRAS DO LIBRO DE GALICIA 2013
FEIRAS DO LIBRO DE GALICIA 2013
Desde abril ata agosto, as feiras percorrerán as catro provincias galegas
Novas citas, máis actividades culturais para todos os públicos, encontros cos escritores e escritoras e un grande escaparate coas principais novidades editoriais. Estas son algunhas das propostas que nos ofrecen este ano as Feiras do Libro de Galicia 2013 para achegármonos ao mundo do libro.
Desde abril ata agosto, as feiras percorrerán as catro provincias galegas, con paradas en diversos concellos.
Este é o novo calendario:
- Ferrol: 19 - 23 de abril
- Santiago: 27 de abril - 5 de maio
- Lugo: 14 - 19 de maio
- Pontevedra: 21 - 26 de maio
- Ourense: 4 - 9 de xuño
- Vigo: 28 de xuño - 7 de xullo
- A Coruña: 1 - 11 de agosto
- Viveiro: 13 - 16 de agosto
- Foz: 17 - 20 de agosto
- Monforte: 22 - 25 de agosto
- Rianxo: 25 - 27 de xullo