Patrimonio: OS ARQUIVOS, DE PORTAS ABERTAS

OS ARQUIVOS, DE PORTAS ABERTAS

Mostras, obradoiros e conferencias no Día Internacional dos Arquivos

É amplamente coñecido que os arquivos desenvolven un labor estratéxico para a Administración e a comunidade académica e investigadora, pero tamén para a cidadanía en xeral. Para lle dar visibilidade e poñer en valor o patrimonio documental que custodian, na semana do 9 de xuño, con motivo do Día Internacional dos Arquivos, ábrennos as súas portas cunha ampla proposta de actividades. 

 

Ler máis

Os arquivos públicos galegos súmanse a esta iniciativa co obxecto de achegarlle á cidadanía as súas accións de recuperación, recompilación e conservación, aínda escasamente coñecidas polo conxunto da sociedade, e que permiten que Galicia dispoña dun valioso patrimonio documental.

Conferencias, exposicións dos seus fondos e coleccións, visitas guiadas ou obradoiros de encadernación e papel son algunhas das actividades que se desenvolverán no Arquivo de Galicia, no Arquivo do Reino de Galicia, nos históricos provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra, ademais de nos administrativos da Xunta.

Na Axenda de Cultura de Galicia pódese consultar o amplo programa de actividades para conmemorar esta data. As portas dos arquivos están abertas. Vinde coñecelos!

 

Comparte