Patrimonio: ESTE VERÁN, AO MUSEO!

ESTE VERÁN, AO MUSEO!

Visitas nocturnas, obradoiros artísticos, música e singraduras

O verán é unha época de lecer e de diversión, á vez que de aprendizaxe e de descubertas. Esta é a filosofía da programación dos museos públicos galegos que, durante estes meses, encheranse de actividades culturais e didácticas para se converter nunha cita imprescindible da axenda estival.

 

Ler máis

Obradoiros de hip-hop, de arquitectura, danza, singraduras nun galeón, campamentos artísticos, visitas nocturnas, concertos de jazz, proxeccións, recreación de viaxes no tempo á Idade de Ferro ou a cultura galaico-romana... confirmaránlles aos públicos de distintas idades que nos museos poden atopar de todo, menos aburrimento.

Onde mergullarse nestas propostas? No Museo Centro Gaiás, no CGAC, no Museo de Belas Artes da Coruña, no Museo Massó, no Museo Etnolóxico de Ribadavia, no Museo do Mar de Galicia, no Museo Castro de Viladonga  e nos parques arqueolóxicos do Areal Salinae, da Arte Ruspestre de Campo Lameiro e o da Cultura Castrexa de San Cibrao de Las.

Unha completa oferta dos museos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se pode consultar na Axenda de www.cultura.gal, a vosa no verán e todo o ano!

Comparte