Patrimonio: 150 ANIVERSARIO DE VALLE-INCLÁN
150 ANIVERSARIO DE VALLE-INCLÁN
Para coñecermos máis do creador do esperpento
Ata mediados de 2017, este destacado dramaturgo, novelista, poeta, ensaísta e xornalista será protagonista de encontros literarios, ciclos de cine, obradoiros infantís, concertos, exposicións, xornadas gastronómicas e ficcións teatrais.
Ler máis
Galicia homenaxea, así, cunha extensa programación colectiva, os 150 anos do nacemento, en Vilanova de Arousa, de Ramón María de Valle-Inclán, “o mellor artista que pariu Galicia”, en palabras de Castelao. Consulta aquí e na Axenda de Cultura de Galicia as actividades para achegarse á figura deste escritor, universal e cosmopolita, considerado un dos principais autores da literatura do século XX.