Patrimonio: MONUMENTA
MONUMENTA
Andar con arte
Volve Monumenta apostando polas andainas como a mellor e más antigas das maneiras de descubrir o noso patrimonio. Do 30 de xullo ao 28 de agosto, o ciclo convértenos en camiñantes para explorar a marabillosa contorna natural que se ergue ao noso paso ao igual que os edificios históricos, relixiosos ou da revolución industrial. Todos conforman a nosa singularidade cultural e paisaxística.
...Botamos a andar o 30 de xullo en Ferrol para coñecer o patrimonio marítimo e retomaremos a camiñada en Caldas de Reis, para descubrirmos o patrimonio industrial dos vales Ulla-Umia. A Fonsagrada e as terras Do Burón serán obxecto da seguinte andaina, á que lle seguirá a da Ribeira Sacra e o seu patrimonio industrial e xeolóxico.
A milenaria vía romana que atravesa Rairiz de Veiga, o patrimonio natural e histórico das Salinas do Ulló e tamén do Miño serán outros dos protagonistas ciclo, que rematará o 28 de agosto cunha andaina que nos revelará a conexión de Monforte con Castela e Nápoles.
Camiñade con Monumenta. Unha experiencia diferente de vivir e sentir o patrimonio!
Programación das oito andainas:
30 de xullo. Ferrol. Desembarco no Castelo de San Felipe (con inscrición previa)
6 de agosto. Caldas de Reis. Patrimonio industrial dos vales do Ulla-Umia
7 de agosto. A Fonsagrada. A Fonsagrada e as Terras de Burón (con inscrición previa)
15 de agosto. Parada de Sil. Patrimonio industrial e xeoloxía na Ribeira Sacra (con inscrición previa)
20 de agosto. Bande-Rairiz de Veiga. Contos de frontera e contrabando na Vía Nova
21 de agosto. Vilaboa. Camiños do sal: patrimonio histórico e Rede Natura nas salinas do Ulló
27 de agosto. Tomiño. O Miño: a raia da amizade
28 de agosto. Monforte de Lemos. A conexión de Monforte con Castela e Nápoles no século XVI
Documentos relacionados
- Programa de Monumenta 20161.77 MB