Patrimonio: BALNEARIA

BALNEARIA

A riqueza patrimonial das augas termais e minerais de Galicia

Galicia é unha das rexións de Europa con maior riqueza en augas minerais e termais. Un rico patrimonio que determina a súa paisaxe e cuxos usos terapéuticos e de lecer tamén acabaron por fixar dinámicas sociais e culturais ao longo da historia e que agora a Biblioteca de Galicia reconstrúe, entre os seus andeis, na exposición Balnearia.

 

 

 ...

Ler máis

A antiga definición de Galicia como Terra das augas dá cumprida conta dos séculos de vida ao redor de mananciais, fontes, servizos de saúde e repouso que fan da nosa comunidade un paraíso termal. Unha característica única que marcou usos sociais e culturais e que converteu os balnearios en escenarios de importantes obras literarias e cinematográficas, á vez que xerou centos de libros, revistas, carteis e ilustracións, mapas, postais e obxectos de uso cotián.

 

A Biblioteca de Galicia ofrece unha viaxe a todo ese mundo a través dun total de 150 pezas orixinais que supoñen unha xanela artística, social, médica e científica pola que axexar tempos, xentes e costumes do noso país. Tedes ata o 18 de setembro para mergullarvos!

Comparte