Patrimonio: TESTEMUÑAS DA GALICIA DE 1810

TESTEMUÑAS DA GALICIA DE 1810

Novas incorporacións ao Arquivo Dixital de Galicia

Galiciana é unha ferramenta que lle permite a calquera cidadán acceder a algúns dos fondos bibliográficos e documentais máis relevantes para Galicia. Xornais, revistas e outros recursos dixitalizados de diferentes organismos galegos, como bibliotecas, arquivos e museos, están a disposición dos internautas e a só un par de clics de distancia.  

Ler máis

A súa colección de fondos dixitalizados acaba de ser ampliada cunha nova incorporación ao Arquivo Dixital de Galicia. Cinco libros de actas da Xunta Superior Provincial do Reino de Galicia e da Deputación Provincial de Galicia, que abranguen os anos 1810 a 1820 e que formaban parte da biblioteca da familia Baltar Tojo, acaban de ser incorporados á colección do Arquivo do Reino de Galicia e dixitalizados para a súa publicación na rede.

Estes libros de actas resultan especialmente interesantes non só polo momento histórico no que foron escritos, nos anos inmediatamente posteriores a expulsión do exército francés de Galicia durante a Guerra de Independencia, senón por seren testemuña do nacemento das primeiras institucións liberais galegas. 

Comparte