O Día da Ilustración quere homenaxear cada ano un grande ilustrador galego que mereza ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores. Trátase dunha iniciativa da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Cartel DI2017 ilustrado por Perrilla
Perrilla (A Coruña, 1981) asina a ilustración do cartel DI2017. Entre os seus traballos destacan os libros Os Cabezombis na mansión espello (Galaxia, 2016) e En un lugar de Malvadia... con versos de Jack Mircala (Hiperión, 2016). Acaba de autoeditar no 2016 El Gato Lunar, o seu primeiro álbum de BD. Tamén traballa no campo do produto ilustrado. A súa serie de acuarelas “Cándida Foresta” é unha boa mostra do seu particular universo gráfico: gótico e naíf, metade riquiño, metade inquietante.
O DI2017 abre esta serie de homenaxes co debuxante, caricaturista e humorista gráfico Álvaro Cebreiro (1903-1956).
Vídeo-homenaxe: Cebreiro
Breve vídeo web que percorre o universo creativo e as obras máis destacadas do ilustrador coruñés.
Mostra Bibliográfica: Álvaro Cebreiro
Mostra de publicacións ilustradas por Cebreiro, albergadas nas coleccións da Biblioteca de Galicia.
Sala de exposicións da Biblioteca de Galicia (Cidade da Cultura de Galicia-Santiago de Compostela)
Do 20 de xaneiro ao 7 de marzo