Edición inglesa de Cantares Gallegos

Xunta de Galicia e Small Stations

Galician Songs é o novo volume de Galician Classics, unha colección promovida pola Secretaría Xeral de Cultura e Small Station Press de clásicos en galego.

A edición en inglés da obra Cantares Gallegos, da que no ano 2013 se conmemoran os cento cincuenta anos da súa publicación, enmárcase nas iniciativas que a Xunta de Galicia, en colaboración con diversas entidades, vén promovendo.