Equipamento: Biblioteca de Galicia

Biblioteca de Galicia

A Biblioteca de Galicia é a biblioteca central do Sistema Galego de Bibliotecas.



Esta biblioteca nace como institución no ano 1989, coa promulgación da Lei de bibliotecas, que contempla a súa posta en marcha baixo a denominación de Centro Superior Bibliográfico de Galicia e sinala o seu papel como cabeceira do sistema bibliotecario e como conservadora e difusora do patrimonio bibliográfico de Galicia.



Ler máis
iblioteca de Galicia configúrase como un centro moderno, xestor, difusor e conservador tanto de materiais tradicionais impresos (libros e publicacións periódicas, gravado, fotografía, etc.), como de novos soportes (sonoros, audiovisuais, electrónicos, etc.) a través de consultas e servizos realizados in-situ, na súa localización da Cidade da Cultura, como realizados en liña ou a través de consultas á súa ampla e pioneira biblioteca dixital. A súa presenza física na Cidade da Cultura de Galicia supón tanto un desafío como unha oportunidade de lle ofrecer a toda a sociedade galega e de fóra de Galicia un amplo abano de servizos á disposición do público xeral e do investigador a partir do ano 2011.

Ficha técnica

Servizos

  • Adquisición dun fondo de obras con múltiples exemplares para os clubs de lectura
  • Empréstamo de lotes de obras de diferentes disciplinas e en distintos soportes para mellorar a oferta bibliográfica das bibliotecas públicas galegas
  • Adquisición, procesamento, conservación e préstamo dunha colección de obras para uso profesional
  • Organización e conservación dunha colección de apoio ao préstamo interbibliotecario
  • Recepción, xestión e redistribución de fondos obsoletos das bibliotecas

Catálogos e coleccións

  • Catálogos colectivos
  • Patrimonio bibliográfico de Galicia
  • Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Espazos

  • Biblioteca profesional
  • Clubs de lectura
  • Fondo xeral
  • Servizos educativos
  • Biblioteca electrónica

Datos de contacto

Dirección: c/ Monte Gaiás, s/n - Cidade da Cultura 15707 - Santiago de Compostela

Teléfono: 881 997 586

Fax: 881 995 141

e-mail: bpc@xunta.gal

Responsable: María del Mar Lauroba Sánchez

Xefa do Servizo

Luns a domingo | 10:00 - 14:00 e 16:00 - 20:00

Atención ao público: luns a venres | 8:30 - 14:30

Comparte