Equipamento: Biblioteca Pública de Lugo
Biblioteca Pública de Lugo
A Biblioteca Pública Provincial de Lugo ten a súa orixe no primeiro terzo do século XIX. Formouse a expensas das bibliotecas dos mosteiros de San Xulián de Samos e de Vilanova de Lourenzá, así como da do convento de San Francisco de Lugo.
A súa creación oficial como Biblioteca Pública do Estado terá lugar no ano 1944. Xa en 1989 o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia asinan un convenio polo que o Estado segue conservando a titularidade e transfire a xestión á Xunta de Galicia. O edificio que ocupa na actualidade foi inaugurado en 1987. Os seus cinco andares acollen os servizos e actividades organizadas pola biblioteca. Figuran entre elas as sesións infantís, os certames literarios, xuntanzas do club de lectura ou os programas formativos para usuarios.
Titularidade e xestión
O Ministerio de Cultura é o titular destas instalacións, xestionadas pola Xunta de Galicia.
Servizos
- Préstamo en sala e interbibliotecario
- OPAC
- Servizo de reprografía
- Lectores de microformas
- Consulta en sala
- Servizo de información e referencia
- Hemeroteca
- Audiovisuais
- Fondo local
- Acceso a internet
- Multimedia en rede
- Información administrativa
Acceso ás instalacións
Libre
Espazos
- Sala de lectura, con 180 postos
- Sala de publicacións periódicas, con 48 postos
- Acceso público a internet, 15 postos
- Sala infantil
- Sala de audiovisuais, con 4 postos
- Fonoteca, con 9 postos
- Sala de exposicións
- Salón de actos
Contidos do equipamento:
Sala de lectura
- Superficie en metros cadrados: 509
- Número de publicacións: 4.500 exemplares
Sala de publicacións periódicas
- Superficie en metros cadrados: 77
- Número de publicacións: 308 títulos
- Títulos xornais: 20
- Títulos revistas abertas: 297
- Títulos revistas pechadas: 844
Sala infantil
Superficie en metros cadrados: 509
Sala de audiovisuais
- Superficie en metros cadrados: 44 compartidos coa fonoteca
- Número de volumes: 2.702
Fonoteca
- Superficie en metros cadrados: 44 compartidos coa sala de audiovisuais
- Número de volumes: 1.807
Datos de contacto
Dirección: Avenida de Ramón Ferreiro, 23, Lugo
Teléfono: 982 828 327
Fax: 982 228 085
e-mail: biblio.publica.lugo@xunta.gal
Responsable: Mª Sol González Regal
Directora
Atención ao público de luns a venres, entre as 9:00 e as 21:00 horas.
Nos meses de xullo e agosto, luns a venres de 8:30 a 14:30 horas.
As instalacións permanecen pechadas os domingos e festivos.