Equipamento: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

A biblioteca foi creada no ano 1848 a partires dos antigos fondos de varios mosteiros. Dende aquela pasou por diferentes locais ata trasladarse, en 1988, ao inmoble de nova construción que ocupa na actualidade.

Ademais dos primitivos fondos provenientes da Desamortización, a biblioteca foi incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións, procedentes de coleccións diversas. Hoxe en día dispón de máis de 145.000 volumes, 2.700 publicacións periódicas e 13.800 materiais especiais.

Ler máis

O centro realiza diversas actividandes atendendo a peticións externas, agás as desenvolvidas pola Biblioteca os martes e xoves durante o curso escolar -novembro a maio-. Estas correspóndense principalmente con sesións de animación á lectura.

A Biblioteca Pública de Pontevedra forma parte da rede de Bibliotecas Públicas do Estado e da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

En 1989 o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia asinan un convenio polo que o Estado segue conservando a titularidade e transfire a xestión á Xunta de Galicia.

Servizos

  • Empréstamo en sala
  • Empréstamo interbibliotecario
  • Empréstamo a domicilio
  • OPAC
  • Servizo de reprografía
  • Lectores de microformas
  • Centros de documentación
  • Acceso público a internet

Acceso ás instalacións

Libre

Espazos

  • Sala de exposicións
  • Salón de actos
  • Sala de lectura
  • Sala de publicacións periódicas
  • Acceso público a internet, integrado en diversas salas

 

Contidos do equipamento:

Sala de lectura

  • Superficie en metros cadrados: 414,90
  • Número de publicacións: 27.618

Sala de publicacións periódicas

  • Superficie en metros cadrados: integrada na anterior
  • Número de publicacións: 144
  • Diarias: 17
  • Semanais: 34
  • Mensuais: 65
  • Trimestrais: 19
  • Semestrais: 7
  • Anuais: 2
  • Títulos xornais: 17
  • Títulos revistas: 127

Datos de contacto

Dirección: Alfonso XIII, 3, Pontevedra

Teléfono: 886 15 92 50

Teléfono: 886 15 92 51

Fax: 986 862 127

e-mail: biblio.publica.pontevedra@xunta.gal

Responsable: Pilar Fernández Ruiz

Directora

Atención ao público de luns a venres, entre as 9:00 e as 21:00 horas.

Durante as vacacións de verán, xornada reducida de 8:30 a 14:30 horas.

Comparte