Equipamento: Museo de Belas Artes da Coruña

Museo de Belas Artes da Coruña

A colección do Museo de Belas Artes, que supera as 5.000 pezas, está centrada principalmente na pintura e escultura dos séculos XVI ao XX -prestando especial atención á arte galega-, gravado, cerámica e artes decorativas. Estes fondos proceden, na súa maioría, do Estado e do Museo do Prado. Tamén contribuíron outras institucións públicas e privadas e numerosos particulares.

Ler máis

O proxecto museístico estruturou a colección de forma cronolóxica nas oito salas, dedicando as dúas últimas ás distintas manifestacións da arte galega. Xunto á exposición permanente, o edificio conta cunha sala de exposicións temporais e o chamado foro, espazo de recepción dedicado á escultura galega contemporánea.

A actual sede foi deseñada polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto. Sitúase no solar do antigo convento das monxas capuchinas, do que unicamente se conservou a fachada do século XVIII, obra de Fernando de Casas.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

Estatal de xestión autonómica.

Tipoloxía dos fondos

Pluridisciplinar: Belas artes -pintura, escultura...-, artes aplicadas -cerámica-.

Servizos

  • Laboratorio fotográfico
  • Obradoiro de restauración
  • Biblioteca
  • Arquivo
  • Tenda

Prezo da entrada

Réxime dos museos estatais xestionados pola Xunta.

Modo de visita

Libre / guiada

Actividades non permanentes

Exposicións temporais, cursos, conferencias, concertos, actividades infantís.

Espazos

  • Superficie total, 5.776 metros cadrados
  • Superficie de exposición, 1.578 / 336 metros cadrados -secuencia temática/cronolóxica na disposición das coleccións-
  • Superficie de almacén, 239 metros cadrados

Datos de contacto

Dirección: Rúa Zalaeta, s/n – 15.002 A Coruña

Teléfono: 981 223 723

Fax: 981 223 769

e-mail: mu.belas.artes.coruna@xunta.es

Responsable: Ángeles Penas Truque

Directora

Martes a venres de 10:00 a 20:00 horas.

Sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00.

Domingos de 10:00 a 14:00 horas.

Comparte