Equipamento: Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

En novembro de 1931 déronse os primeiros pasos para a creación deste arquivo, e en 1934 ingresou o primeiro protocolo nun local provisionai cedido pola Delegación de Facenda. Foi no ano 1960, baixo a dirección de Raquel Lesteiro López, cando o Arquivo se traslada á súa sede actual, na coñecida como Casa dos Fonseca. Este inmoble foi construído en 1910 e adquirido en 1955 polo Ministerio de Educación Nacional. O Ministerio de Cultura encargaríase de reformalo entre os anos 1993 e 1996. Na actualidade está dedicado unicamente ao Arquivo Histórico Provincial.

 

Ler máis

Contidos do equipamento:

Dispón de fondos

  • Arquivísticos
  • Bibliográficos
  • Cartográficos
  • Fondos especiais
  • Fondos de arquivo de imaxes

Conta con fondos de carácter público e privado. As datas extremas da documentación recollida van do século XIV ao XX.

A biblioteca do arquivo conta con máis de 3.000 monografías e 300 títulos de revistas.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

O Ministerio de Cultura é o titular deste arquivo, xestionado pola Consellería de Cultura e Deporte.

Servizos

  • Biblioteca especializada en arquivística, fontes documentais, historia -esencialmente local e provincial- e ciencias auxiliares da historia
  • Servizo de lectura de microformas
  • Sala de consulta e de lectura, con 20 postos
  • Reprografía de documentos
  • Dixitalización de documentos
  • Lector de arquivos dixitais

Acceso ás instalacións

Libre

Espazos

  • Metros lineais de andeis: 7.000
  • Superficie en metros cadrados: 1.517
  • Número de postos: 20

Datos de contacto

Dirección: Paseo de Colón, nº 4 – 36002 Pontevedra

Teléfono: 986 852 118

Fax: 986 852 118

e-mail: arq.historico.pontevedra@xunta.es

Responsable: Carmen Luisa Corgo Solleiro

Directora

Atención ao público de luns a venres, de 8:30 a 20:00h.

Nos meses de xullo e agosto, de luns a venres de 9:00 a 19:00h.

O Arquivo permanece pechado durante os festivos nacionais e os días: 17 de maio, 25 de xullo,

Mércores de cinza e 11 de xullo.

Comparte