Evento: Castelao

Castelao
venres, 14 abril, 2023 - 18:00
Teatro Pastor Díaz,
Viveiro

Castelao

Obra de teatro sobre a figura do escritor galego

O FalaRedes 2023 ábrese cunha peza de Culturactiva Producións para público de 6 a 10 anos e as súas familias. A autora é Paula Carballeira, a directora Fina Calleja e as actrices Cris Collazo e Mónica Caamaño.

Trátase dunha montaxe de ritmo trepidante arredor da figura de Afonso Daniel Rodríguez Castelao. A tensión dramática desta peza cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á partida cara a Arxentina de Castelao e a súa nai. Para facer aínda máis atractiva a obra, os diálogos de ficción introducen elementos marabillosos combinados con elementos recoñecibles da obra de Castelao, cos que o elenco, a música e o deseño de iluminación xogan creando un espectáculo cheo de plasticidade, cor e ritmo. O humor, a intriga, a linguaxe accesible están presentes no espectáculo, que se dirixe aos espectadores e espectadoras desde unha posición de igualdade cos seguintes obxectivos:

  • Fomentar o consumo de produtos culturais en galego, especialmente do público familiar.
  • Pola súa temática e referencias históricas, fomentar o coñecemento dunha das figuras máis relevantes da cultura galega e en galego do século XX.
  • Proporcionar unha experiencia positiva, amena e satisfactoria ligada á lingua galega a quen asiste ao espectáculo.
  • Potenciar a mirada feminina nas montaxes teatrais, tanto desde o punto de vista da dramaturxia, como da dirección e do elenco.
  • Contribuír á normalización e difusión da lingua galega nas idades máis novas e no contexto familiar e cultural.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
18 de outubro, 20:00
Casa da Cultura - Boiro - A Coruña
Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
19 de outubro, 19:00
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
Wombo Combo
20 de outubro, 19:00
Auditorio Municipal - Ribeira - A Coruña
Os Bolechas tocan nunha grande orquestra
9 de novembro, 17:30
Casa da Cultura - A Laracha - A Coruña