Evento: ÑAM ÑAM Alimentación saudable
ÑAM ÑAM Alimentación saudable
ÑAM ÑAM Alimentación saudable
A cargo de Tamara Rivas
Que almorzo?, que podo merendar?, Que alimentos ofrecer en celebracións e festas para que sexan máis saudables?
Durante a infancia sentamos as bases dunha alimentación saudable. Por iso é importante poñer ao seu alcance alimentos saudables e variados. Este obradoiro práctico fomenta a experimentación e o descubrimento de novos sabores a través da elaboración de receitas sinxelas.
Ideas orixinais para descubrir unha alimentación saudable, as propiedades nutricionais e beneficios de cada alimento.
Para nenas e nenos de 6 a 12 anos (pais e fillos / 12 prazas)
Duración: 75 minutos.
Ludoteca
Inscrición previa dende o luns anterior á actividade na sala infantil e no teléfono 982828329