Evento: O xogo da estampa

O xogo da estampa
venres, 28 marzo, 2025 a sábado, 26 abril, 2025
Museo de Belas Artes,
A Coruña

O xogo da estampa

Obradoiro de técnica de gravado para non iniciados, en quendas de mañá ou tarde

O curso céntrase nas técnicas calcográficas de punta seca e aditivas. Os alumnos iniciaranse nos procesos do gravado e na súa comprensión como medio de expresión nas súas diferentes etapas: preparación e uso adecuado dos materiais, estampaxe e reprodución exacta dun número de probas orixinais por matriz.

Destinatarios: público adulto non iniciado.

Grupo dos venres: do 28 de marzo ao 25 de abril (agás o 18 de abril), de 17:30 a 19:30 horas.

Grupo dos sábados: do 29 de marzo ao 26 de abril (agás o 19 de abril), de 11:00 a 13:00 horas.

Para a inscrición e máis información, ver na seguinte ligazón-

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Os misterios da biblioteca
22 de abril
CPI Laureano Prieto
Masterclass de cómic autobiográfico
22 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Scriptorium
23 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola