Evento: Escándalo en Palacio

Escándalo en Palacio
venres, 5 maio, 2023 - 20:30
Teatro Jofre,
Ferrol

Escándalo en Palacio

Espectáculo de teatro.

Bernard Mathieu (Xoán Carlos Mejuto), actual presidente do goberno, recibe unha comprometida noticia: un vídeo privado do primeiro encontro sexual coa súa actual esposa e primeira dama, Paola D? Angio (Iria Ares), sae á luz.

O vídeo data de 4 anos atrás, cando Bernard aínda estaba casado coa súa primeira muller. Bernard e Paola deberán decidir como afrontar esta situación.

É o final da carreira política de Bernard? O final do matrimonio? Que inimigos están detrás do escándalo? Pode a telebasura influír na política dun país?

O autor, Pedro Ruiz, lanza todos estes interrogantes co seu particular estilo acedo e incisivo.

Unha alta comedia que fará as delicias do espectador, pasando do surrealismo máis cómico á elegancia máis clásica.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Dende Rosalía ata as cantareiras: as mulleres nas Letras
16 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal