Evento: TRC Danza. Acciones sencillas
TRC Danza. Acciones sencillas
Un móvese desde sempre, nace movéndose. Ve a outros corpos movéndose e aprende a entender a sensación que eses movementos que ve albergan. Unha anda e sente a sensación que xa imaxinara que tiña esa a a que viu andando, antes que ela. Un aprende a virar porque capta a enerxía que emana do que vira. Un salta, unha cae, un toca, unha abraza, entrelázase. Un ve un paxaro e pode imaxinar o que sente o paxaro ao voar. Pero uno non pode voar. Unha baila as primeiras veces sen saber aínda que o que fai ten un nome. Logo ve a xente que se move de formas prodixiosas. Parece que voan, parece que viran eternamente, parece que teñen pernas que parecen brazos. Pregunta: que é iso? Respóndenlle: están a bailar.
E entón sabe que el tamén quere bailar, porque xa sente o que esoutros corpos están a sentir pero quere sentilo aínda máis, necesita sentir o que hai neses límites. Aí comeza un camiño.
Máis eventos de tipo Espectáculo