Evento: Cubo

Cubo
domingo, 24 setembro, 2023 - 18:00
Auditorio Manuel María,
O Carballiño

Cubo

Espectáculo infantil de Elefante Elegante

Espectáculo teatral de fantasía, humor e poesía dirixida a público infantil e familiar que evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero.

Nun misterioso CUBO, dúas persoas moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Ela é curiosa e decidida, el é tenro e vulnerable. Xogan, divírtense e rin, pero un día ela decide ir máis aló, quere viaxar en busca de novas preguntas e descubrir o mundo enteiro. El está contento coas súas respostas, séntese cómodo, seguro, e non quere máis que balancearse eternamente no bambán do seu CUBO. Sempre conseguiron poñerse de acordo pero esta vez semella moi complicado. Que solución atoparán?

Máis eventos do ciclo FalaRedes

“Cantigaéverso” de Castro&Welicki
1 de setembro, 13:00
Praza do Curro - Porto do Son - A Coruña
Obradoiros de cultura urbana
3 de setembro
Praza do Concello - O Pereiro de Aguiar - Ourense
María Faltri. Picadiscos
8 de setembro, 19:00
Praza do Concello - O Porriño - Pontevedra
María Faltri. Picadiscos
21 de setembro, 18:00
Asociación Centro Veciñal e Cultural de Valadares - Vigo - Pontevedra