Evento: Isto é Rock! con J.Becerra e C. Rubirosa- Verán no Gaiás 2023
Isto é Rock! con J.Becerra e C. Rubirosa- Verán no Gaiás 2023
Que é iso que chamamos rock? Onde xurdiu e como foi evolucionando co tempo? Cales foron as artistas e bandas que marcaron un antes e un despois no xénero? A todas estas preguntas reponde Javier Becerra de maneira amena e co acompañamento musical de Carolina Rubirosa, cantante e compositora galega cunha ampla traxectoria tanto en solitario como á fronte da orixinal agrupación compostelá The Funkles. Neste caso non estarán sós, virán CON BANDA.
Isto é rock! é un proxecto de divulgación musical xurdido en 2019 en paralelo ao libro Isto es pop! no que se mostra á cativada os grandes artistas da historia da música popular. Coa publicación en agosto de 2022 de Isto é rock!, Javier Becerra volve á carga mostrando o lado máis roqueiro.
Non perdas esta viaxe Un viaje a través da historia do rock. De Jerry Lee Lewis a Queen e de Aretha Franklin a Rolling Stones, sen esquecerse de The Beatles ou Elvis Presley.