Evento: Las noches de Ortega
Las noches de Ortega
Las noches de Ortega é un show en directo cunha mecánica ligada ao particular universo de Juan Carlos Ortega e ao humor que lle caracteriza.
Incluirá as súas peculiares chamadas, proxección de vídeos e personaxes tan recoñecidos como Marco Antonio Aguirre, entre outros.
Juan Carlos Ortega é un humorista, escritor e presentador de radio e televisión. É autor dos libros «Buenos días, Sócrates», «Morirse es una mierda», «Cuentos para Ulises» e «Miguel Gila, vida y obra de un genio». Na actualidade escribiu dous libros, un para a editorial Planeta e outro para Libros del Silencio.
Foi o presentador do programa de televisión La Mitad Invisible, en La 2 de TVE, un espazo de divulgación cultural. É presentador do programa «Las noches de Ortega» desde hai 8 anos e presentador de «Transmite La Ser» desde hai dúas tempadas. En 2016 concedéuselle o Premio Ondas pola súa traxectoria profesional.
Máis eventos de tipo Espectáculo