Evento: Redecinema
Redecinema
venres, 22 setembro, 2023 - 21:00
Praza da Vila (Se chove, no salón de actos do Centro Cultural),
Outeiro de Rei Redecinema
Filmes en galego en formato de cinema de verán
Velaquí unha iniciativa impulsada desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Trátase de proxeccións de filmes en galego en formato de cinema de verán (en exterior, con gran pantalla).
Os 18 concellos da Rede de Dinamización Lingüística onde se desenvolverá Redecinema son os seguintes: Fisterra, Laxe, A Laracha, Ares, Negreira, Xove, Outeiro de Rei, Sober, Mondoñedo, Allariz, Beariz, Lobios, Viana do Bolo, Maside, Barros, Silleda, O Rosal e Forarei.
Os concellos puideron elixir entre os seguintes filmes: Cuñados, A Galiña Turuleca, A illa das mentiras, Maimiño, Engurras, Eroski Paraíso e O que arde.
Calendario
- 15/07/2023. Negreira. Praza do Concello. A Galiña Turuleca, ás 22:30 h
- 24/07/2023. Laxe. O que arde. Praza dos Voluntarios, ás 22:30 h
- 30/07/2023. Mondoñedo. A Galiña Turuleca. Praza da Catedral, ás 22:00 h
- 05/08/2023. Forcarei. Eroski Paraíso. Explanada do Auditorio, ás 22:00 h
- 6/08/2023. Lobios. Valentina. Praza Roxa, ás 22:00 h
- 8/08/2023. A Laracha. Cuñados. Campo da Festa de Caión, ás 22:00 h
- 9/08/2023. Sober. O que arde. Praza do Concello, ás 22:00 h
- 10/08/2023. Ares. Cuñados. Praza da Constitución, ás 22:00 h
- 12/08/2023. Barro. O que arde. Pazo da Crega, ás 22:00 h
- 13/08/2023. Maside. Maimiño. Praza Maior, ás 22:00 h
- 16/08/2023. Xove. O que arde. Praza do Centro Cívico, ás 22:00 h
- 17/08/2023. Allariz. Valentina. Piscinas Municipais, ás 22:00 h
- 24/08/2023. O Rosal. Cuñados. Praza das Novas, ás 22:00 h
- 26/08/2023. Viana do Bolo. O que arde. Praza Maior do Concello, ás 22:00 h
- 08/09/2023. Silleda. Valentina. Praza de San Juan Salgueiro, ás 21:00 h
- 22/09/2023. Outeiro de Rei. A Galiña Turuleca. Praza da Vila, ás 21:00 h
Descargas
- Cartel990.49 KB
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual