Evento: Pedro e o lobo
Pedro e o lobo
Os pais de Pedro, incapaces de conseguir que o avó Isolino vaia vivir con eles para a cidade, envíanlle nas vacacións ao neto para que coide un pouco del. Para Pedro saír da cidade e ir pasar uns días co seu avó, que vive en Montefurado nun vagón ao pé da vía; significará unha grande aventura. Pero, descoñecedor dos codigos da aldea, meterase en problemas co lobo ao que finalmente, con valor, astucia e a axuda involuntaria dun gato, conseguirá cazar. Finalmete o seu plan de levar o lobo ao zoo da cidade vérase desbaratado por Mariola quen o convence da necesidade de respeitar os ecosistemas e de ceibar de novo ao lobo na fraga.
A acción transcorre nun contexto ferroviario entre o bosque, onde viven o paporrubio e o lobo; e a estación abandoada de Montefurado, onde viven Antón, o cazador, Mariola e o gato. Nun punto intermedio, nun vagón restaurado como vivenda, vive o avó Isolino coa súa pata. Pedro percorrerá todos estos espazos nunha continua descoberta e nunha relación de tia ti cos seres da Natureza.
Os raíles da vía serven para o movemento da escenografía xerando un movemento da paisaxe que recorda ao travelling cinematográfico.
A técnica de monicreques de manipulación a vista permítenos misturar os papeis de personaxe, narrador e manipulador conferindo dinamismo a acción e unha relación directa co espectador.
A música de Benxa Otero, feita expresamente para este espectáculo para unha formación de banda sinfónica, axudanos a entrar na vida interior de Pedro. O medo, a alegría e a contemplación son tres das emocións máis características desta historia.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios



