Evento: Luces e Estrelas na Quintana

Luces e Estrelas na Quintana
venres, 29 novembro, 2024 a martes, 7 xaneiro, 2025
Plaza de la Quintana,
Santiago de Compostela

Luces e Estrelas na Quintana

Co solpor, a Quintana convértese nun lenzo de estrelas, un /Campus Stellae/.

Campus Stellae é a forma toponímica latina utilizada para referirse a Compostela. A súa tradución literal é ‘campo da estrela’, polo que, nunha versión libre, o nome da cidade sería ‘Santiago do Campo da Estrela’. Alude ás milagrosas luces que as primeiras narracións (ss. XI-XII) do descubrimento do sepulcro de Santiago sinal que indicaron o seu lugar. É a forma etimolóxica máis popular referida á orixe do termo ‘Compostela’, sen dúbida pola súa forza evocadora. 
Por outra parte, a cultura popular mantivo unha relación constante entre o mundo xacobeo e o universo estelar, e fixo da Vía Láctea o camiño de estrelas cara a Santiago de Compostela.
Aínda que a case totalidade dos estudosos actuais rexeitan a validez etimolóxica deste topónimo, o certo é que forma da estrela tivo un grande éxito na iconografía, converténdose nun dos símbolos xacobeos e, xa que logo, desta cidade.
É habitual que peregrinos e visitantes pregunten polo significado da estrela que observan en moitos lugares destacados. A estrela de Compostela, representada case sempre como unha estrela de oito puntas, está presente no escudo da cidade, na fachada do Tesouro da Catedral, no cumio da Casa do Cabido, no remate da fonte dos Cabalos da praza das Praterías, no escudo da Universidade de Santiago e por extensión no escudo dos abondosos edificios históricos dos  que foi propietaria. E tamén por suposto no interior da catedral, onde a máis notable presencia localízase na cripta, sobre a arca dos restos do Apóstolo Santiago.
 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2024-25
3 de outubro a 29 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
Visitas escolares
6 de novembro a 28 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
A Nós en negro
5 de decembro a 7 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense