Evento: Nadal no Gaiás 23-24

Nadal no Gaiás 23-24
venres, 15 decembro, 2023 a domingo, 7 xaneiro, 2024
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Nadal no Gaiás 23-24

Este ano no *Nadal no Gaiás* prememos o botón de pausa nos abafos destas datas para volver ás orixes da festividade do solsticio do inverno, agardar polo regreso da luz e celebrar un Nadal máis sostible, afastá...

Este ano no Nadal no Gaiás prememos o botón de pausa nos abafos destas datas para volver ás orixes da festividade do solsticio do inverno, agardar polo regreso da luz e celebrar un Nadal máis sostible, afastándonos da présa e do material e gozando do tempo compartido en familia. 

Un lugar máxico que acubilla a luz e a vidasesións de xogo en familia para deixar o móbil a un lado e recuperar a capacidade de abraio da cativada, un espectáculo de monicreques, proxeccións e música baseado na fábula do parrulo feo de Andersen, unha visita virtual á casa do Apalpador ou unha sorprendente experiencia inmersiva para achegarse a hábitats recónditos do planeta Terra. Son só algunhas das propostas para que festexedes connosco un Nadal onde tampouco faltarán unhas divertidas visitas especiais en familia ou o noso xa clásico alumeado exterior. 

+INFO

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Curso de Filosofía 2024-2025
6 de setembro a 19 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Voces de resistencia
11 de setembro a 9 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
O bosque dos libros
13 de setembro a 31 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense