Evento: 25 anos sen Torrente Ballester
25 anos sen Torrente Ballester
luns, 22 xaneiro, 2024 a xoves, 29 febreiro, 2024
Avenida de Xoán XXIII,
Santiago de Compostela 25 anos sen Torrente Ballester
Mostra bibliográfica no 25 aniversario do falecemento do escritor ferrolán.
O 27 de xaneiro fai 25 anos que nos deixou Gonzalo Torrente Ballester.
Natural de Serantes, no concello de Ferrol, foi escritor, guionista, xornalista, dramaturgo, crítico literario e tradutor. Entre outros recoñecementos recibiu o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Narrativa.
Gonzalo tivo moita relación con Santiago, cidade na que viviu, estudou e traballou, sendo recoñecido como Doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela.
Para conmemorar este aniversario a Biblioteca Ánxel Casal organiza unha mostra coas obras do autor que teñen na súa colección.
Pode visitarse no 2º andar da biblioteca durante o horario de apertura.